top of page
O porqué de participar en "Ao redor da natureza"?

Monitores/Mestres específicos para cada etapa educativa -  O programa de actividades será impartido por alumnos da Facultade de Formación do Profesorado (USC-Campus de Lugo), das distintas especialidades: Grao en Mestre de Educación Primaria e Grao en Mestre de Educación Infantil.

Actividades de calidade asesoradas por profesionais da educación – O programa de actividades foi deseñado coa colaboración e o asesoramento de Profesores da Facultade de Formación do Profesorado (USC- Campus de Lugo). 

Actividades adaptadas ás diferentes idades dos participantes – O programa, ainda que está diseñado baixo 5 grandes bloques temáticos: "Texturas”, “Estruturas”, “Reciclaxe”, “Os animais” e “Teatralización"  para tódolos grupos de idades, prevé as adaptacións necesarias para que ditas temáticas poidan ser abordadas por tódolos nenos e nenas (dende os mais cativos aos máis grandes) con diferentes actividades.

Un programa, ao redor da natureza, pensado por e para os participantes – O programa de actividades semanais e o día a día en "Ao redor da natureza" está pensado para incluir todo tipo de actividades do interese dos cativos e cativas: xogos manipulativos e lúdicos, actividades ao aire libre, visitas guiadas, obradoiros experimentais... todo para ofrecerlles unha experiencia educativa involvidable ao redor da natureza.

Os monitores contan coa experiencia e a formación adecuada no eido educativo -  O programa de actividades será impartido por alumnos da Facultade de Formación do Profesorado (USC-Campus de Lugo), os cales recibiron unha formación específica (levada a cabo por profesores da Facultade de Formación do Profesorado) para desenvolver o programa. Tamén é importante destacar que son alumnos que xa contan cunha experiencia profesional no ámbito da educación. 

A ratio alumno/ profesor é  de 3/20 -  O programa de actividades será impartido por alumnos da Facultade de Formación do Profesorado (USC-Campus de Lugo) das distintas especialidades: Grao en Mestre de Educación Primaria e Grao en Mestre de Educación Infantil.

Un programa organizado por tramos de idade -  O programa de actividades inclúe 4 Subgrupos:

  • Infatil: 3-5 anos de idade

  • Primaria grupo 1: 6-8 anos de idade

  • Primaria grupo 2: 8-10 anos de idade

  • Primaria grupo 3: 10-12 anos de idade

 

Profesionais da educación colaboran no programa-  O programa de actividades contará coa presencia e a colaboración desinteresada de profesionais da educación para supervisar e axudar no día a día do proxecto, aportando a súa experiencia e profesionalidade.

* Información publicada no Xornal da USC: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2014_05/noticia_0085.html

Formación do Profesorado acollerá no mes de xullo o proxecto educativo de obradoiros infantís ‘Ao redor da natureza’

O programa ‘Ao redor da natureza’, que está estruturado en cinco obradoiros, que se desenvolverán en quenda de mañá e cunha duración semanal, é o resultado dunha iniciativa emprendedora proposta polo estudante da facultade luguesa Óscar Porto que obtivo o total respaldo do profesorado do centro, así como da propia comunidade estudantil.

 

Este programa lúdico e educativo, que tamén atopa entre as súas finalidade a de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral, presenta un fondo substrato educativo, segundo salientou o decano da Facultade de Formación de Profesorado da USC, Francisco Rodríguez Lestegás, que ve nesta dimensión educativa o elemento que diferencia ‘Ao redor da natureza’ doutros campamentos estivais.

 

O promotor deste proxecto, Óscar Porto, indicou os obxectivos deste programa de obradoiros para que os nenos poidan coñecer e investigar o mundo que os rodea pasan por aproximarse ao mundo natural a través de pequenas investigacións científicas, aprender a xerar imaxinario persoal á marxe dos modelos establecidos, valorar as matemáticas como instrumento na arte e na ciencia, establecer novas ferramentas de creación e novas formas de facer e coñecer e aplicar técnicas de materias plásticos, visuais, fotografía...

 

O abano de actividades educativas ofertadas ao abeiro de ‘Ao redor da natureza’ xiran ao redor de tres áreas básicas no contexto do ensino primario, tales como o son Educación Artística, Coñecemento do medio social e cultural e Matemáticas, lembrou Óscar Porto. Asemade, os profesores da Facultade de Formación de Profesorado Virginia Aznar, Pablo González Sequeiros e Salvador Cidras, que, xunto co tamén docente de Didáctica de expresión plástica na facultade luguesa Vicente Blanco, participan de xeito activo neste programa, destacaron que este proxecto constitúe unha moi boa oportunidade para nenos e nenas, pero tamén para os estudantes dos graos de Mestre en Educación Infantil e Educación Primaria, porque “terán a oportunidade de poñer en práctica con total liberdade os coñecementos teóricos e as metodoloxías aprendidas no seu periplo formativo”.

 

A inscrición nos distintos obradoiros ofertados a través do programa ‘Ao redor da natureza’ permanece xa aberta na web www.ogmiosgalicia.com, onde as persoas interesadas tamén poderán consultar toda a información relativa ao desenvolvemento do programa e as temáticas que se tratarán, ademais das datas de celebración de cada un dos obradoiros previstos. A matrícula tamén poderá facerse de xeito presencial nas librarías Biblos, Souto e Trama da capital luguesa, que son establecementos colaboradores deste proxecto.

 

A Facultade de Formación de Profesorado do campus de Lugo acubillará do 30 de xuño ata o 1 de agosto o proxecto educativo de obradoiros infantís ‘Ao redor da natureza’, unha iniciativa lúdica e didáctica desenvolvida pola emprega Ogmios Galicia en colaboración coa USC e dirixida á participación de nenos e nenas de entre tres e doce anos.

González, Aznar, Lestegás, Porto e Badas, na presentación de 'Ao redor da natureza' en Formación do Profesorado (Lugo).

Redacción: Ignacio Rodríguez (xornalista - Campus de Lugo)   ignacio.rodriguez@usc.es  982 821 516 / Extensión 21516

Prazo inscrición: CERRADO

Prazo inscrición: CERRADO

Prazo inscrición: ABERTO

Prazo inscrición: ABERTO

Prazo inscrición: ABERTO

Data límite inscrición: 27 de Xuño

Data límite inscrición: 4 de Xullo

Data límite inscrición: 11 de Xullo

Data límite inscrición: 18 de Xullo

Data límite inscrición: 20 de Xuño

Presentación oficial:

"AO REDOR DA NATUREZA:

Obradoiros para coñecer e investigar o mundo que nos rodea"
Dirixido a nenos/as de 3 a 12 anos.
Semanas (Verán 2014):

Organiza e colaboran:

Colaboradores como puntos oficiais de inscrición na cidade de Lugo:

"Estudantes e docentes do centro universitario lugués guiarán as distintas actividades didácticas e lúdicas programadas e dirixidas a nenos e nenas e entre tres e doce anos".

bottom of page